sábado, 10 de noviembre de 2012

Benvida

Hoxe damos os primeiros pasos para elaborar un blog de aula tendo como obxectivo que este sexa un escaparate no que amosar os traballos e actividades desenvolvidas polos alumnos/as de 6º A ao longo do curso.

Tamén pretendemos que este blog sexa administrado por eles, aínda que haberá un administrador xeral que velará que a información que flúa por el sexa respectuosa con todos e todas ao mesmo tempo que se garantirá as corrección lingüística.

A lingua empregada será maioritariamente o galego, agás naquelas etiquetas que estean elaboradas noutras linguas.

Esperamos que saiban perdoarnos os erros que inicialamente cometamos.

Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario