sábado, 10 de noviembre de 2012

Escolas Viaxeiras. 12 de novembro.

Ás 04:45 h., xuntámonos no Ceip de Figueiroa para subir ao autobús da Empresa García e que guía o chófer Saturnino. Logo das despedidas de rigor, con algunha bágoa que outra, aínda que era de noite e moitos pais/nais agacháronse na escuridade os seus sentimentos. Nós empredemos a longa viaxe coa ilusión duns nenos con zapatos novos sabedores das horas que iamos pasar no autobús ata chegar ao destino (Cardeña-Córdoba). Dúas horas máis tarde diciamos adeus a Galicia e adentrabamonos nas terras de Castela-León despois de atravesar o túnel da Canda e o Padornelo. Á nosa esquerda, divisamos Lubíán, concello zamorano no que os seus habitantes usan o galego tanto na fala como na escrita. Facemos a primeira parada reglamentaria, pois Saturnino merece un descanso. Quince minutos despois, reiniciamos a marcha. Fai frío, pero o día pinta ben; o amencer dificulta a condución de Saturnino, o sol loce con toda a súa intensidade. Benavente, Medina del Campo (nova parada, esta vez de media hora e un tente en pé) … O profesor comeza a enviar wuasapp á profesora do colexio de Segovia anunciándolle a inmediata chegada das tropas galegas e retándonos estes na praza de Touros. Despois das presentacións de rigor e feito o traslado da equipaxe ao novo autobús, reempredemos a marcha cara Algete para recoller aos compañeiros madrileños, son as 12:00 h. Todo marcha segundo o horario previsto. Rodeamos Madrid e vemos os edificios que sobresaen na capital, en Barajas observamos un subir e baixar constantes de avión e chegamos a Algete.ç Xantamos os nenos e nenas dos tres colexios nunha sala que nos habilitaron no centro. Media hora máis tarde, de novo no autobús ata Puertollano. Nova parada reglamentaria e anunciamos a inminente chegada á Residencia. Eran os 20:00 h. e xa estábamos instalados. 20:30 h cea, ducha e cama.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario