jueves, 15 de noviembre de 2012

Escolas Viaxeiras: 13 de novembro.

Son ás 7:15 h., o mestre D. José Manuel  toca diana. Aseámosnos e dispoñémonos para ir a almorzar. Logo nova sesión de aseo persoal  e recollemos a bolsa co pic-nic, o caderno de ruta e subimos ao autobús que nos vai levar a Jaén. Nesta cidade visitamos a Praza de Sta. María que está rodeada polo Concello, o obispado e a catedral (antiga Mezquita Maior). O asedio a esta cidade, en poder dos musulmáns, durou 8 meses, por parte das tropas de Fernando III El Santo, previa revelación de Santa Catalina de Alejandría,  durou 8 meses.
A cidade xira ao redor da devoción a esta Santa e na súa honra, o rei Fernando III El Santo, mandou construir o Castelo de Sta. Catalina, ubicado no cerro máis alto da cidade. Conta a lenda que unha vez conquistado o cerro, as tropas reais clavaron unha espada (cruz) como símbolo do cristianismo. Hoxe convertido en mirador do Cerro de Sta. Catalina desde donde se observa unha vista panorámica de todo o val de Jaén.
A catedral é de estilo renacentista (S. XVI) con elementos barrocos. Recuperado do poder musulmán foi reconvertida polo Rei en templo Cristián. Destaca na súa fachada principal unha fermosa balconada, algo único nos templos cristiáns.
Logo visitamos o Pazo do Condestable dirixíndonos posteriormente ao Arquivo Histórico Provincial (antigo pazo árabe) que no S. XVI foi Convento de Santo Domingo. Máis tarde ubicouse nel a Universidade de Sta. Catalina e despois Hospicio. Destaca un fermoso claustro barroco.
Tamén visitamos un monolito adicado ao  “Lagarto de la Magdalena”. Conta a lenda que a cidade estaba atemorizada por un lagarto xigante que comia aos nenos. Despois de moitos procedementos para facelo sair da cova e acabar co animal, un condenado a morte ofreceuse para resolver o problema a cambio da súa liberdade. Este pideu un quintal de pan e unha pel de ovella rechea de pólvora. Coas migas foi  sacando ao lagarto da cidade e logo, xa nas aforas, púxolle a pel coa pólvora. O lagarto comeu a pel de ovella e reventou.
Preto do monolito atópase a Igrexa de Sta. Magdalena (antiga mezquita) do S. XVII na que destaca un  patio cunha fonte no que se facían as ablucións coránicas. É de arte mudéjar.
Despois de xantar, nun restaurante de cidade, subimos ao autobús con dirección a Baeza (declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade). Esta cidade está situada entre os ríos Guadalquivir e Guadalimar a 769 m. de altitude. Na época musulmana foi cidade amurallada.  Conquistada polos Romanos, posteriormente polos Visigodos, logo polos  árabes e finalmente polos cristiáns en 1227.  No S. XVI, acadou a súa máxima poboación (22.000 hab.). A cidade está rodeada por imensos campos de olivares (62.000.000 de árbores) e produce (toda a provincia de Jaén) a maior cantidade de aceite de oliva extra do mundo.
Tamén visitamos a Porta de Jaén pola que se entrada á cidade, as Escribanías Públicas de Baeza e as Reais Carnicerías (hoxe xulgado). Destaca nesta cidade un edificio do S.XVI destinado antigamente a Universidade cun patio típico renacentista. Logo pasamos ao Paraninfo e a continuación a unha aula na que impartiu a docencia o poeta Antonio Machado. Esta aula conserva o mobiliario típico da época e incluso un paraugas que o propio autor de “Campos de Castilla” deixou esqucido na mesma (1919).
Seguindo o percorrido marcado polo guía, chegamos ao “Palacio de Jabalquinto” (S. XV), á “Iglesia de Sta. Cruz”, de estilo románico e única deste estilo en Andalucía, para rematar na “Plaza de Sta. María” na que se atopan a Catedral, o Seminario e o “Palacio de los Cabrera” e a fonte de Sta. María (S.XVI) co que se conmerou a chegada da traída de auga potable á cidade de Baeza.
Para rematar, estivemos na Puerta del Perdón, lugar polo  que entraban os musulmáns que se querían converter ao cristianismo. Por último, subimos a torre para ver unha vista panorámica da cidade de Baeza coa Serra de Cazorla ao fondo na que se vías os restos das últimadas nevadas (2.200 m. de altitude).
Xa de volta na Residencia, ceamos e estivemos ata as 23:00 h. na sala de xogos (tenis de mesa, futbolín, tv…) e loga a descansar que mañá é outro día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario